O pasado 10 de maio as/os nosas/os compañeiras/os de Educación, Belén, Iria e Isma desprazáronse ao CEIP Castro de Ouro de Alfoz para realizar un exemplo de escola inclusiva.
Empregaron o Deseño Universal da Aprendizaxe (DUA). Trátase dun modelo de ensinanza que permite progresar a todo o alumnado, partindo de onde están e creando contornas, recursos, dinámicas e ferramentas que poden ser empregadas por todo o alumnado.
Concretamente, nesta sesión, traballamos a temática do verbo con nenos e nenas de 4º,5º e 6º de Educación Primaria que conviven diariamente nunha mesma aula. A experiencia foi moi positiva, garantindo a presencia, participación e progreso de cada un/ha dos/as nenos/as.
Queremos dar as grazas ao CEIP Castro de Ouro polo seu interese e animamos aos centros educativos a que sigan apostando por unha educación inclusiva.