A fin de semana do 26 e 27 de outubro vamos realizar un tramo do Camiño de Santiago grazas ao noso proxecto Camiño cara á inclusión, beneficiario do programa O Teu Xacobeo da Xunta de Galicia.
O sábado comezaremos en San Paio e iremos camiñando ata rematar na Praza do Obradoiro en Santiago de Compostela o domingo.
Estamos con moitas ganas de comezar canto antes esta nova aventura, seguro que o pasamos xenial!