FORMACIÓN E PREPARACIÓN DE OPOSICIÓNS AUTONÓMICAS E ESTATAIS PARA PERSOAS CON SÍNDROME DE DOWN E/OU DISCAPACIDADE INTELECTUAL

 

 

Nome do proxecto: Formación e preparación de oposicións autonómicas e estatais para persoas con síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual.

Contía da achega: 40.000€

Breve descrición do proxecto: A través de itinerarios formativos personalizados proporcionaránselle ás persoas participantes formación grupal e individual na entidade sobre os procesos selectivos aos que son susceptibles de presentarse, e formación no posto de traballo en empresas do mercado ordinario.

Obxectivo xeral de proxecto: Garantir a adquisición e mellora das competencias sociolaborais necesarias para presentarse a un proceso de oposición que mellore as súas posibilidades de adaptación persoal ao proceso selectivo, así como de superalo con éxito.