Formación práctica en empresas financiada por Fundación ONCE

 

 

 

7 mozos e mozas con síndrome de Down e discapacidade intelectual da Asociación Down Lugo comezaron o 21 de agosto un período de formación en empresas que durará ata finais de setembro. A estes mozos/as uniránselle 2 máis o próximo mes.

Estas prácticas enmárcanse no proxecto de Formación e preparación de oposicións autonómicas e estatais para persoas con síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual de Down Lugo financiado cunha axuda concedida pola Fundación ONCE dentro da súa convocatoria específica de axudas económicas para o reforzo da empregabilidade de persoas con discapacidade “Uno a Uno” POISES 2023.

O proxecto ten como obxectivo garantir a adquisición e mellora das competencias sociolaborais necesarias para presentarse a un proceso de oposición que mellore as súas posibilidades de adaptación persoal ao proceso selectivo, así como superalo con éxito.

A formación no posto de traballo estase a levar a cabo en Administracións Públicas e empresas de varias localidades da provincia: Lugo cidade, Guitiriz, Monforte de Lemos, Viveiro e Cervo.

Esta axuda económica de Fundación ONCE está cofinanciada polo Fondo Social Europeo (FSE) no marco do Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social (POISES), en concreto, co Obxectivo Temático 9. Prioridade de Inversión 9.1. Obxectivo específico 9.1.2 relativo a aumentar a contratación de persoas con discapacidade en situación ou risco de exclusión social.