A través desta axuda enmarcada no programa Iniciativa Xove, DOWN LUGO leva a cabo o proxecto “Eu Decido” que ten como obxectivo brindar un espazo de encontro, relacións e toma de decisións ás mozas e mozos participantes. Neste espazo as persoas participantes poñen en práctica as habilidades necesarias para poder planificar e levar a cabo actividades que lles permitirán desenvolverse de forma satisfactoria en diferentes contextos do seu día a día, ao tempo que se poñen a súa disposición diferentes ferramentas e recursos coa clara intención de que as persoas usuarias sexan as verdadeiras protagonistas e beneficiarias principais deste proxecto.
O proxecto estase a desenvolver dende o 1 de xaneiro ata o 15 de outubro de 2020, e as persoas beneficiarias directas son 32 mozos e mozas con síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual da provincia de Lugo.
As persoas participantes están a adquirir múltiples habilidades imprescindibles para mellorar na súa autonomía e demostrar que as persoas con síndrome de Down e discapacidade intelectual teñen ganas de participar do entramado social como axentes activos do mesmo.