O Convenio de Colaboración firmado entre o Excmo. Concello de Lugo e Down Lugo supón a concesión da subvención prevista nominativamente no orzamento municipal do ano 2023 para os gastos derivados do desenvolvemento do Programa de Autonomía Persoal e Social da nosa entidade.
O obxectivo xeral do programa é fomentar a adquisición e desenvolvemento de capacidades e habilidades que potencien a autonomía persoal e social das persoas participantes, preparándoas para participar das posibilidades e recursos que lles ofrece a súa contorna social e comunitaria e permitíndolles levar unha vida máis independente.
As persoas beneficiarias directas son 30 persoas con síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais do Concello de Lugo.
Todas elas están a adquirir múltiples habilidades imprescindibles para mellorar a súa autonomía e demostrar que as persoas con síndrome de Down e discapacidade intelectual teñen gañas de participar do entramado social como axentes activos do mesmo.