O pasado mes de xullo a Consellería de Política Social concedeu a Down Lugo unha subvención para desenvolver o Proxecto formativo: Creación e adaptación de materiais didácticos a través das TICs.
O seu obxectivo é elaborar e adaptar materiais didácticos a través de ferramentas dixitais de cara a adaptarse á nova realidade de educación dixital provocada pola pandemia da Covid-19, así como para promover a inclusión na aprendizaxe.
Un aspecto esencial deste proxecto é o feito de que forman parte del persoas voluntarias que aportan enormes beneficios ao mesmo, como son a creatividade, o entusiasmo, os seus coñecementos e sobre todo, o seu tempo.
O proxecto estase a desenvolver dende principios deste ano 2021 e rematará no mes de outubro, sendo beneficiarias directas do mesmo 70 persoas usuarias da nosa entidade.