Servizo de apoio á inclusión sociolaboral. Inclusión e transión ao emprego (Convocatoria 2020)

Nome do proxecto: Servizo de apoio á inclusión sociolaboral. Inclusión e transición ao emprego

Contía da axuda: 6.497,39€

Esta axuda está cofinanciada ao 80% con fondos do PO FSE Galicia 2014-2020, con encaixe no obxectivo temático 9 (promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación), prioridade de inversión 9.1 (a inclusión activa, tamén con vistas a promover a igualdade de oportunidades, así como a participación activa e a mellora da posibilidade de encontrar un emprego), obxectivo 9.1.1 (mellorar a inserción sociolaboral de persoas en situación ou risco de exclusión social, a través da activación e de itinerarios integrados e personalizados de inserción).

Breve descrición do proxecto: O proxecto de inclusión sociolaboral desenvólvese a través de itinerarios personalizados que dotan ás persoas usuarias de habilidades sociais e laborais e reforzan as súas capacidades persoais e as súas competencias profesionais para enfrontarse con éxito a un futuro posto de traballo, aumentando desta forma a súa plena participación social e laboral.

Obxectivo xeral do proxecto: Brindar os apoios que cada persoa usuaria precisa para contribuír ao seu proceso de axuste persoal e social e ao seu acceso e permanencia no mercado laboral, favorecendo desta forma: a autodeterminación, a non discriminación e igualdade de oportunidades, a inclusión social e laboral e a participación social activa.