Vamos falar do cambio climático por Carlota Mosquera

Que é o cambio climático e como nos afecta?

É un dos maiores problemas do noso tempo. É a modificación do clima pola produción de gases de efecto invernadoiro.

Por que ocorre isto?

Cando queimamos combustible para transportarnos, para quentarnos ou ben cando producimos comida, fórmase CO2, que sube á atmosfera e se produce o quecemento global.

Como nos afecta?

Afecta a todos os países do mundo. Ao aumentar as temperaturas fúndense os glaciares, hai olas de frío, calor, furacáns. Aparecen enfermidades que xa non existían, etc.

Que podemos facer nós?

O primeiro sería educarnos para coidar o noso planeta con accións de cada día como poden ser aforrar electricidade e auga na casa, plantar árbores, usar transporte público en vez de transporte privado, camiñar ou usar bicicleta para non contaminar, desconectar os móbiles que xa estean cargados e eliminar os plásticos para que non vaian ao mar e para que non maten á fauna mariña.

Todos podemos axudar para frear o cambio climático.