Viaxe a Fisterra!

Xa temos todo preparado para a excursión de fin de curso! Este ano iremos os días 5,6 e 7 de xullo a Fisterra.

Sairemos o venres 5 de xullo ás 10:00 da mañá e chegaremos sobre as 12:00. Este día visitaremos o Faro e pasaremos a tarde na praia.

O sábado 6 de xullo faremos unha visita a Ézaro, para coñecer a famosa fervenza e o seu entorno. Á tarde volveremos a Fisterra para desfrutar do Entroido de Verán.

O domingo 7 de xullo, farase turismo por Fisterra, e se fai bo aproveitarmos para ver a praia de Mar de Forá e os seus arredores, así como coñecer os lugares máis emblemáticos do pobo como o Castelo de San Carlos, Casa do Porto, etc.

Chegaremos a Lugo ás 20:00 á estación do tren.

Será unha viaxe inesquecible!