O próximo sábado 26 de outubro a Federación DOWN GALICIA organiza a Xornada “Educación Inclusiva: Deseño Universal para a Aprendizaxe e boas prácticas”, unha xornada didáctica e reflexiva dedicada a profesionais docentes, de orientación e equipos directivos dos centros educativos de infantil, primaria e secundaria.
O obxectivo desta formación, homologada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e sen custo para as persoas participantes, consiste en contribuír a unha mellora na sensibilización e formación na utilización de metodoloxías inclusivas como unha medida de atención e optimización do proceso de inclusión educativa do alumnado con maiores necesidades de apoio.
Para inscribirte consulta a páxina web de Down Galicia.
O prazo de inscrición remata o venres 18 de outubro ás 14:00h.
Anímate a participar!