982 240 921

Home Destacados Proxecto Troya, formación para o desenvolvemento profesional

Proxecto Troya, formación para o desenvolvemento profesional

Dende o mes de setembro ata mediados deste mes de novembro, 9 persoas da nosa entidade participaron na terceira edición do Proxecto Troya na Facultade de Administración e Dirección de Empresas da Universidade de Santiago de Compostela do Campus de Lugo.

Este proxecto, que naceu en 2022 impulsado pola Aula TIC PEMEs da Facultade de Administración e Dirección de Empresas, ten como obxectivo acercar ás persoas con síndrome de Down e discapacidade intelectual á contorna académica e profesional, promovendo así o seu desenvolvemento persoal e profesional, e ampliando as súas oportunidades laborais.

De forma semanal, 8 docentes universitarios desenvolveron un programa formativo que abarca distintas materias vinculadas coa xestión empresarial, a dirección comercial e financeira, a tecnoloxía, a contabilidade e o fortalecemento da marca persoal e profesional, demostrando a súa implicación na aprendizaxe e crecemento das persoas participantes.

Foi unha experiencia moi positiva para todas as persoas implicadas e segue poñendo de manifesto a necesidade de transformar a realidade actual do mercado laboral para que deixe de ser un espazo excluínte para as persoas con discapacidade.

O noso agradecemento á profesora Ángeles Cabarcos pola súa implicación e esforzo no proxecto, e á Deputación de Lugo polo seu apoio e financiación, que fixeron posible esta terceira edición do proxecto.