982 240 921

Home Destacados Down Lugo recibe a recadación do torneo solidario de tiro ao prato

Down Lugo recibe a recadación do torneo solidario de tiro ao prato

Onte recibimos en Down Lugo a visita dos responsables do torneo solidario de tiro ao prato que se celebrou no mes de xullo na Canteira de Bascuas.

Durante a visita fixéronnos entrega do cheque coa recadación obtida no torneo organizado por Carnicerías Piedrafita, que será destinada a apoiar a labor que realizamos dende a nosa Asociación.

Queremos agradecer a todas as persoas que fixeron posible esta iniciativa, especialmente á organización do torneo, así como a todas as persoas que participaron e colaboraron.

Agradecemos moito este tipo de iniciativas, que nos axudan a seguir adiante co noso traballo e os nosos proxectos.

Moitas grazas por contar con Down Lugo!