982 240 921

Home Destacados Formación no posto de traballo financiada por Fundación ONCE

Formación no posto de traballo financiada por Fundación ONCE

Oito persoas participantes no Programa de formación e inclusión sociolaboral para persoas con síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual no ámbito do comercio de Down Lugo están realizando durante os meses de verán a súa formación no posto de traballo.

Esta formación permite ás persoas participantes poñer en práctica os coñecementos e competencias adquiridas durante a formación teórica, ao tempo que desenvolven novas habilidades profesionais nunha contorna laboral real e mellorar as súas oportunidades de acceso ao emprego.

A formación no posto de traballo estase desenvolvendo en diferentes empresas e localidades da provincia de Lugo: JYSK, Kiwoko, Obramat, Neo Burela, Librería Arís, +kideas, Concello de Viveiro e Gadis.

Dende Down Lugo queremos agradecer a todas as empresas e entidades colaboradoras a súa acollida, compromiso e aposta pola inclusión laboral das persoas con síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais.

Esta iniciativa enmárcase no Programa de formación e inclusión sociolaboral no ámbito do comercio, financiado por Fundación ONCE dentro da convocatoria UNO a UNO PIN 2025-2026, e cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+) no marco do Programa de Inclusión Social, Garantía Infantil e Loita contra a Pobreza 2021-2027.

A través desta formación, Down Lugo continúa traballando para favorecer a inclusión sociolaboral, potenciar a autonomía e mellorar as oportunidades de emprego das persoas con síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais.

Gracias a Fundación ONCE por facelo posible e por contribuír, co seu compromiso, a construír contornas laborais máis inclusivos.