982 240 921

Home Destacados A nosa viaxe a O Grove

A nosa viaxe a O Grove

Chegou un dos momentos máis esperados do curso! Como xa é tradición, fixemos a nosa viaxe de fin de curso, esta vez a O Grove, onde vivimos uns días de convivencia, diversión e actividades compartidas o 26, 27 e 28 de xuño.

O primeiro día, venres, tomámolo con calma. Asentámonos no camping, comimos todos/as xuntos/as e pasamos a tarde desfrutando do bo tempo na praia.

O sábado foi máis movido. Pola mañá marchamos en bus ao pobo do Grove, onde comimos e camiñamos polo paseo marítimo e, pola tarde, visitamos a Illa da Toxa. Alí fixemos moitas actividades, como probar as bicis turísticas, ir á Aldea dos Grobbits e, como non, houbo quen quixo repetir e darse un baño na praia!

O domingo tocou volver para a casa. Pero antes pasamos a mañá na piscina do camping e tamén fixemos unha parada en Friol, onde estaban celebrando as Olimpiadas Rurais e aproveitamos para desfrutar dun concerto.

Unha fin de semana inesquecible!