982 240 921

Home Destacados A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración concede a Down Lugo unha...

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración concede a Down Lugo unha axuda económica destinada a financiar gastos das persoas preparadoras laborais

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración acaba de conceder una axuda a Down Lugo como entidade promotora de programas de Emprego con Apoio.

Esta axuda ten como finalidade financiar os costes laborais e de seguridade social derivados da contratación dos preparadores e preparadoras laborais que leven a cabo accións de emprego con apoio.

Grazas a esta axuda Down Lugo financiou os gastos de 1 preparadora laboral que levou a cabo o apoio de 1 persoa con síndrome de Down dende o 1 de xuño ata o 30 de setembro de 2026.

A axuda recibida procede de fondos finalistas procedentes do Servizo Público de Emprego Estatal.