982 240 921

Home Eventos Exposición “A arte de coidarse é un dereito” na Facultade de Humanidades

Exposición “A arte de coidarse é un dereito” na Facultade de Humanidades

Dende o 18 de maio ata o 1 de xuño poderedes desfrutar da exposición “Arte de coidarse é un dereito” no vestíbulo da Facultade de Humanidades da USC, no Campus de Lugo.

A mostra recolle as conclusións dos Talleres sobre Vida Independente realizados entre os meses de xaneiro e maio co alumnado dos grados de Enfermaría e Xestión Cultural, poñendo en valor a reflexión compartida sobre os coidados, a autonomía e os dereitos.

Non a perdas!