A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, subvenciona o Programa de Ocio e Tempo de Lecer de DOWN LUGO

A través desta axuda enmarcada no programa Iniciativa Xove, DOWN LUGO leva a cabo un Proxecto de “Ocio e Tempo de Lecer” que ten como finalidade formar a un grupo de mozos e mozas como autoxestores de ocio. A Asociación bríndalles un lugar de encontro no cal expresar e manifestar as súas ideas de cara a organizar e planificar actividades de ocio para o seu tempo libre e tamén pón á súa disposición os recursos que posúe, coa intención de que as persoas participantes sexan os verdadeiros protagonistas deste proxecto.

Este proxecto desenvólvese dende o 1 de xaneiro ao 15 de outubro de 2019, e as persoas beneficiarias directas son 30 mozos e mozas con síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual da provincia de Lugo.

Ao longo deste curso planifican diferentes actividades e saídas, nas que amosan as súas ganas de participar no entramado social que nos rodea e que lles permiten mellorar as súas relacións interpersoais e aumentar a súa autonomía persoal e social.