Onte fíxose efectiva a nova Ley 15/2022, de 12 de julio, para la igualdad de trato y la no discriminación, que modifica a Ley Orgánica 10/1995.
A súa modificación foi tomada en consideración en febreiro de 2021, e ten por obxecto establecer un marco legal «axeitado» para previr e eliminar todas as formas de discriminación en ámbitos como o sanitario, educativo, laboral, deportivo, cultural ou o relativo a redes sociais e aplicacións dixitais.
Doutra banda, con esta nova norma espérase impulsar a aplicación da igualdade de trato na formulación, execución e avaliación das políticas públicas.
Para iso, elaborouse unha tipificación dos delitos de discriminación por sexo, etnia, raza, relixión ou calquera condición persoal, como a discapacidade, e serán penados con multas de entre 300 e 500.000 euros. Ademais, creouse a Autoridade Independente para a Igualdade de Trato e a non Discriminación, que prestará orientación e asistencia ás vítimas de discriminación por calquera causa, e a final de ano deberá presentar un informe sobre «aspectos contrarios á igualdade que poden perdurar nas disposicións normativas de rango legal ou regulamento vixentes».
Podes consultar o BOE 13 de xullo de 2022, que recolle a nova Ley 15/2022, del 12 de julio, para la igualdad de trato y la no discriminación, picando aquí.