Nome dos proxectos:
- PROGRAMA DE OCIO E VIDA INDEPENDENTE
- PROGRAMA DE FORMACIÓN E VIDA AUTÓNOMA
Contía da achega: 26.716,34€
Esta axuda está cofinanciada nun 91,89% polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil, Eixe prioritario 5, Prioridade de inversión 8.2, Obxectivo específico 8.2.4, Medida 8.2.4.2.
Breve descrición dos proxectos:
– Ocio e Vida Independente: Desenvolvemento dunha formación que ofrece ás persoas usuarias as estratexias e ferramentas que necesitan para potenciar a súa independencia e o goce do seu tempo de ocio.
– Formación e Vida Autónoma: Desenvolvemento dunha formación que ofrece ás persoas usuarias as estratexias e ferramentas que precisan para aumentar a súa autonomía persoal e social e participar activamente na súa contorna social e normalizada.
Obxectivo xeral dos proxectos:
– Ocio e Vida Independente: Brindar os apoios que cada persoa usuaria necesita para favorecer a autodeterminación, a igualdade de oportunidades, a inclusión social e a participación social activa, a través da intervención no seu tempo de ocio e na vida independente.
– Formación e Vida Autónoma: Brindar os apoios que cada persoa usuaria necesita para favorecer a autodeterminación, a igualdade de oportunidades, a inclusión social e a participación social activa, a través da intervención na súa autonomía persoal e social.
Resultados do proxecto:
Grazas a esta axuda, a Asociación DOWN LUGO puido contratar a dúas persoas desempregadas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
As novas traballadoras desempeñarán as súas funcións como educadoras sociais nos centros que a entidade ten en Lugo (rúa Miguel de Cervantes 34, baixo e rúa Nicomedes Pastor Díaz 17, 1ºizq.)