2019… Un ano de éxitos!

Este ano que finaliza foi un ano cheo de logros e alegrías para o Servizo de Emprego con Apoio. Se empezábamos o ano con 5 integrantes do programa con contrato indefinido, vamos rematar o ano con 9. Sen dúbida, unha mostra de que o bo traballo case sempre trae as súas recompensas.

Poderíamos mencionar tamén que 4 integrantes do programa firmaron o seu primeiro contrato de traballo, chegando ata 17 o total deles que nalgún momento do ano tiveron traballo.

Para iso contamos coa colaboración de 16 empresas diferentes, sen as cales non sería posible levar a cabo o noso programa e ás que estamos moi agradecidos.

Toca rematar o ano felicitando a todos eles e preguntándonos polos éxitos que haberá en 2020.