Cada 3 de decembro celebramos o Día Internacional das Persoas con Discapacidade e, este ano, para conmemorar este día saímos á rúa cos nosos paraugas.
Na Praza Maior e xunto a outras asociacións da nosa cidade reivindicamos unha sociedade máis xusta e inclusiva, na que todas as persoas sexamos iguais. No manifesto lido no acto pediuse á sociedade e ás administracións unión e compromiso para que todas as persoas con discapacidade teñan os mesmos dereitos que calquera outro cidadán. A concentración finalizou coa canción de Macaco “Somos una marea de gente” e a apertura de decenas de paraugas de cores.
Este acto uniuse ao resto de iniciativas que hoxe estaban convocadas noutras prazas das principais cidades galegas co lema #BaixoOMesmoParaugas.