Con motivo do Día Mundial da Síndrome de Down, que se celebra o vindeiro martes 21 de marzo, desde as entidades Down de España lanzamos a campaña “#NoSomosUnEstereotipo, somos mucho más” co obxectivo de cambiar a forma de ver ás persoas coa síndrome de Down, que a miúdo está cargada de prexuízos e estereotipos que dificultan a súa inclusión social.
Por iso, un ano máis, pedimos a toda a sociedade que se sume á nosa campaña para que a mensaxe chegue moi lonxe e se faga viral.
Se queres sumarte a “#NoSomosUnEstereotipo, somos mucho más”:
- Faite unha foto facendo o signo máis (+) co que queremos simbolizar que as persoas coa síndrome de Down son moito máis que un estereotipo e que teñen moito que achegar á sociedade.
- Fai un vídeo contando que é o que máis che gusta da persoa coa síndrome de Down que coñeces.
Elixe a opción que máis che guste, súbea ás túas redes sociais co hashtag #NoSomosUnEstereotipo e menciona a @downlugo, @downgalicia e @DownEspana.
Consigamos entre todos e todas que a nosa mensaxe chegue moi lonxe!