Hoxe, 8 de marzo, conmemórase o Día Internacional da muller e dende Down Lugo unímonos para reclamar a igualdade de dereitos e oportunidades entre mulleres e homes.
Dende a nosa Asociación compartimos o chamamento que a Federación CERMI Mulleres realiza no seu manifesto polo 8M O futuro que queremos! “á reivindicación, á solidariedade, á empatía e ao compromiso activo de toda a sociedade española co fin último de construír un mundo máis inclusivo, xusto e equitativo. Porque a loita pola igualdade e a inclusión das mulleres con discapacidade é unha loita que nos implica a toda a cidadanía”.