982 240 921

Home Noso espazo Son voluntario por Modesto Dafouz

Son voluntario por Modesto Dafouz

Fai uns meses que empecei co voluntariado no centro de día  Abrite. Vou todos os xoves pola tarde con dúas compañeiras da Asociación e unha monitora, en horario 16:30 a 17:45. Alí axudamos á xente maior nas actividades  de manualidades, xogamos ás cartas, ao bingo, falamos con eles,  facémoslles compañía á hora da merenda, acompañámolos  ao comedor…

Tamén celebramos con eles o Magosto, fixemos un contacontos, lemos adiviñas e uns refráns. Despois invitáronnos a merendar chocolate con biscoito e botamos uns bailes.

Gústame ser voluntario en Abrite porque me relaciono con xente  máis maior axudándolles e escoitando as historias das súas vidas.