Fai uns meses que empecei co voluntariado no centro de día Abrite. Vou todos os xoves pola tarde con dúas compañeiras da Asociación e unha monitora, en horario 16:30 a 17:45. Alí axudamos á xente maior nas actividades de manualidades, xogamos ás cartas, ao bingo, falamos con eles, facémoslles compañía á hora da merenda, acompañámolos ao comedor…
Tamén celebramos con eles o Magosto, fixemos un contacontos, lemos adiviñas e uns refráns. Despois invitáronnos a merendar chocolate con biscoito e botamos uns bailes.
Gústame ser voluntario en Abrite porque me relaciono con xente máis maior axudándolles e escoitando as historias das súas vidas.