A conselleira de Política Social visita as novas instalacións de Down Lugo

A conselleira de Política Social, Fabiola García, e o delegado territorial, Javier Arias, visitaron este venres 11 de decembro as instalacións de Down Lugo para coñecer de primeira man a ampliación levada a cabo no local que a nosa entidade ten na cidade de Lugo.

A conselleira destacou que esta ampliación suporá unha mellora importante na atención que actualmente están recibindo 72 persoas usuarias da provincia de Lugo nos distintos programas aos que asisten.

Down Lugo leva a cabo o seu Servizo de Promoción da Autonomía Persoal que está conformado por diferentes programas como atención pedagóxica, logopedia, formación en novas tecnoloxías, vida independente ou emprego con apoio.

A conselleira de Política Social agradeceu e puxo en valor o papel das entidades como Down Lugo que traballan a diario para mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade e as súas familias.