A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, a través da Dirección Xeral de Xuventude, subvenciona o noso proxecto de formación Novas Tecnoloxías na Atención Directa. Un enfoque centrado nas persoas.
Este proxecto ten como obxectivo implementar Novas Tecnoloxías na atención directas das persoas con síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais para mellorar a calidade e personalización dos servizos prestados na entidade.
No proxecto, que se desenvolve dende o mes de xaneiro ata o mes de outubro de 2024, participan 3 persoas voluntarias que aportan a súa creatividade, o seu entusiasmo, o seu tempo e traballo na elaboración de forma colaborativa de distintos materiais formativos que se crean coas ferramentas dixitais.