A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración acaba de conceder unha axuda a Down Lugo como entidade promotora de programas de Emprego con Apoio.
Esta axuda ten como finalidade financiar os costes laborais e de seguridade social derivados da contratación dos preparadores e preparadoras laborais que levan a cabo accións de emprego con apoio.
Grazas a esta axuda Down Lugo puido financiar os gastos de 4 preparadoras laborais que levaron a cabo os apoios de 7 persoas con síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais dende o 1 de outubro de 2023 ata o 30 de setembro de 2024.
Esta axuda recibida procede de fondos finalistas procedentes do Servizo Público de Emprego Estatal.