A Consellería de Política Social e Xuventude, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, subvenciona o proxecto de promoción e captación de voluntariado “Contigo podemos máis” de Down Lugo.
Este proxecto consiste na realización dunha campaña de sensibilización para a captación de persoas voluntarias que colaboren nos programas do noso Servizo de Promoción da Autonomía Persoal, ao tempo que para concienciar á cidadanía sobre a labor que as voluntarias e voluntarios levan a cabo na sociedade.
No proxecto, que se desenvolve dende o mes de xullo ata o mes de outubro de 2022, participan 3 persoas voluntarias que aportan a súa creatividade, o seu entusiasmo, o seu tempo e traballo nas actividades de deseño e elaboración de novas sobre o programa de voluntariado da entidade e os nosos programas de intervención directa. Estas novas poderanse visualizar ao longo do mes de setembro na nosa web.
Queres facer voluntariado en Down Lugo? Contigo podemos máis