A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade acáballe de conceder unha axuda a Down Lugo neste mes de xuño ao abeiro do Programa de incentivos á contratación por conta allea pola contratación indefinida dunha persoa moza con incremento por muller.
Estas axudas teñen como finalidade favorecer a contratación de persoas desempregadas na empresa ordinaria ou en entidades sen ánimo de lucro e enmárcase dentro do Plan Galicia Emprega.
A axuda recibida procede de fondos recibidos do Servicio Público de Emprego Estatal (SEPE).