A través da Consellería de Sanidade Down Lugo acaba de recibir unha axuda para o seu Programa de Intervención logopédica para persoas con síndrome de Down da provincia de Lugo.
Este programa ten como obxectivo estimular ou potenciar a comunicación das persoas participantes no programa de cara a mellorar a súa autonomía e potenciar a súa inclusión social.
Están a participar nel 20 persoas integrantes da nosa Asociación dende o mes de xaneiro e continuarán ata o 31 de outubro deste ano.
Trátase dun programa de gran importancia para as persoas con síndrome de Down xa que lles axuda á hora de alcanzar diferentes fitos do desenvolvemento da comunicación e da linguaxe, así como a conseguir unha maior comprensión e comunicación funcional.
Con esta axuda fináncianse gastos de persoal do programa de intervención.