
A Fundación ONCE concedeu a Down Lugo unha axuda económica destinada ao Programa de formación e inclusión sociolaboral para persoas con síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual no ámbito do comercio, dentro da convocatoria de axudas económicas para a selección de operacións para o reforzo da empregabilidade para persoas con discapacidade “UNO A UNO PIN” 2025- 2026.
Este programa estrutúrase como un itinerario integral de formación e acompañamento co obxectivo de mellorar a empregabilidade e favorecer a inclusión no mercado laboral ordinario das persoas con síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais. O plan combina formación teórica e formación práctica en empresas.
A formación desenvólvese dende xaneiro ata setembro de 2026 e nela están participando 10 persoas integrantes da nosa entidade pertencentes a distintas localidades da provincia de Lugo.
Esta axuda económica está cofinanciada polo FSE+ no marco do Programa FSE+ de Inclusión Social, Garantía Infantil e Loita contra a Pobreza 2021-2027. Obxectivo político: 4 Una Europa máis social e inclusiva por medio da aplicación do pilar europeo de dereitos sociais. Prioridade: 2 Inclusión social e loita contra a pobreza. Obxectivo específico: h) Fomentar a inclusión activa ao obxecto de promover a igualdade de oportunidades, a non discriminación e a participación activa, e mellorar a empregabilidade, en particular dos grupos desfavorecidos.
Moitas grazas a Fundación ONCE pola súa axuda.










