A finais do mes pasado a Fundación ONCE concedeu a Down Lugo unha axuda económica de 4.363€ destinada á III fase do proxecto de ampliación e acondicionamento do seu local.
Este proxecto ten como obxectivo mellorar a calidade de vida das persoas con síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais e a das súas familias dotando dunha infraestrutura á Asociación acorde aos servizos que presta.
Esta axuda recibida da Fundación ONCE será destinada á III fase do proxecto na que se procederá á instalación de climatización e instalación de electricidade eficiente enerxeticamente, así como se procederá ao acondicionamento da fachada do local.
Moitas grazas a Fundación ONCE pola súa axuda.