A interpretación por Carlota Mosquera

Que é a actuación?

A actuación ou a interpretación son ferramentas que os actores teñen para poder dar vida aos personaxes  mediante os seus movementos, xestos, ditos, entoación e música ao presentar a un personaxe dende o máis profundo e que logre recibir a mensaxe de forma natural.

Para poder ser actor/actriz hai que estudar, e hai moitas maneiras:

  • Licenciatura en Artes Escénicas
  • Licenciatura en Arte Dramático
  • Licenciatura en Teatro
  • Entre outras máis, por exemplo, a miña.

Empecei no grupo de teatro de Down Lugo en 2019. Vou ensaiar todos os venres pola tarde. Fixemos unha obra de William Shakespeare chamada “Unha noite de verán” adaptada a “Soños”. Logo este ano fixemos a obra “21/3”, e o seguinte curso faremos “Borralliña”, quero dicir, “La Cenicienta”.

Hai moitas persoas que son actores e actrices que empezaron coma nós e que lograron ser persoas famosas na TV, o cine e outros medios de comunicación, como: Johny Depp, Dylan y Cole Sprouse, Tini Stoessel, Miley Cyrus, Zack Efron, Robert Pattinson, Ross Lynch, Tom Huddleston, Sterling Knight, Bradley Steven Perry, Jake T. Austin o Jesse Schwartz.

Xa sei que é moi moi compricado chegar a ser actor ou actriz pero con esforzo e dedicación pódese conseguir.

Arriba o ánimo!