A miña experiencia en “Valentina” por Lucía Serén

O meu nome é Lucía Serén e teño 13 anos. Fai uns meses tiven a sorte de participar na película “Valentina”.

Trátase dunha película na que a protagonista é unha nena coa síndrome de Down.

Para participar tiven que ensaiar moito na asociación e tamén repasar na casa.

En primeiro lugar practicamos o guión e despois gravamos un vídeo para enviarlles aos produtores.

Como fun elixida, fun cos meus pais a Santiago, Cambre… para poñerlle voz a Valentina.

Alí coñecín a Pepa, unha nena que tamén participa na película. Fixémonos moi amigas e seguimos quedando para xogar, ir de paseo, facemos vídeo chamadas…

Nos próximos meses estrearase a película.

Esperamos que vos guste!