A miña experiencia na Universidade por Marcos Cruz

O martes día 13 de decembro pola mañá celebramos o acto de clausura da nosa experiencia na Universidade.

Dende o mes de outubro fixemos un curso sobre finanzas, contabilidade e márketing. Todos os mércores pola tarde aprendemos moitas cousas: a usar o ordenador e varios programas, fixemos dinámicas e exercicios de márketing e moita formación sobre procura de emprego. Para entender a formación e facer os exercicios tiñamos a axuda dos mentores, que nos explicaban de forma fácil o que tiñamos que aprender.

No acto de clausura déronnos os diplomas e vimos unha exposición de fotografía sobre compañeiros/as de Down Lugo que están traballando. Logo para celebralo tomamos uns petiscos todos xuntos. Pasámolo xenial.

Este curso de formación na Universidade foi unha experiencia moi bonita e queremos repetila. Quero agradecer aos mentores toda a súa axuda. Moitas grazas!