O pasado venres 17 de febreiro, celebrouse un ano máis, e xa van 5, un acto organizado pola Rede TIL (Rede de técnicos de inserción laboral de Lugo) para celebrar o Día Mundial da Xustiza Social.
Nesta ocasión o título da xornada foi “Discapacidade e incapacidade: emprego sen límites” e o formato foi o de mesa redonda. Por unha banda, contouse con relatores profesionais que explicaron como é o proceso de recoñecemento, tanto da incapacidade como da discapacidade. Pola outra, dúas persoas con incapacidade e/ou discapacidade contaron en primeira persoa como foi o proceso de afrontar e asumir un diagnóstico e como dende ese momento lles cambiou a vida.
Un deses relatores foi un usuario noso, Diego Piñeiro, quen se ofreceu para contar que a el lle diagnosticaron a súa discapacidade entrando na vida adulta e os logros que dende entón acadou, tanto a nivel persoal como profesional. Parabéns Diego!