Co gallo da celebración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o próximo 25 de novembro, a Rede TIL (Rede de Técnicos de Inserción Laboral de Lugo), á que pertence Down Lugo, fixo un vídeo denunciando as distintas situacións violentas polas que cada día pasan moitas mulleres. Con el preténdese concienciar á cidadanía de que a violencia contra a muller vai moito máis aló do maltrato físico.
Animámosvos a visualizalo no seguinte enlace e a compartilo: https://youtu.be/Mh8syDo021k