Aínda estás a tempo de colaborar! Mercado Solidario da Escola Oficial de Idiomas

Aínda estás a tempo de colaborar no Mercado Solidario da Biblioteca da Escola Oficial de Idiomas. Seguirá en funcionamento ata o 19 de maio e a cantidade recadada irá a favor de tres asociacións de Lugo: Accem, Alucem e Down Lugo.

O Mercado Solidario conta con libros, CD e DVD liberados da biblioteca da Escola ou doados polo alumnado, profesorado ou asociacións.

Este é o segundo ano que a Escola Oficial de Idiomas organiza esta iniciativa, a cal tivo unha boa acollida na edición anterior.

Non perdas esta oportunidade de colaborar!