O pasado martes 18 de outubro tivo lugar a presentación do Proxecto Troya. Trátase dunha formación para o desenvolvemento de habilidades laborais que se levará a cabo na Facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus Terra de Lugo no que participan 8 persoas usuarias de Down Lugo e que ten como obxectivo principal a inserción e inclusión laboral das persoas con discapacidade intelectual.
O proxecto, financiado pola Deputación Provincial de Lugo, é unha colaboración entre Down Lugo, a Facultade de Administración e Dirección de Empresas del Campus Terra e a Oficina de Voluntariado do mesmo campus.
Á presentación acudiron o deputado provincial delegado da área de Promoción Económica e Social, D. Pablo Rivera Capón, o decano da Facultade de Administración e Dirección de Empresas, D. Roberto Bande Ramudo, Dna. Ángeles López Cabarcos, profesora da USC e coordinadora do proxecto e a presidenta de Down Lugo, Dna. María José Blanco Freire. Así como unha representación do alumnado con síndrome de Down e de estudantes da Facultade de ADE que actuarán como mentores na formación.
A formación consistirá en dez sesións de carácter semanal, nas que as persoas participantes da Asociación que se encontran en busca ou mellora de emprego poderán mellorar as competencias e habilidades máis demandadas no mercado laboral.
Más información sobre a presentación: