As miñas prácticas por Nazaret Barroso

O día 3 de setembro comecei as prácticas no banco BBVA de Lourenzá.

Alí estiven moi contenta porque aprendín cousas novas: arquivar, contar o diñeiro dos clientes, axudar coas retiradas de diñeiro do caixeiro…

A directora do banco chámase María, é moi maja e tratoume moi ben. Ás veces íamos tomar xuntas o café a media mañá, aínda que a maior parte das veces fun tomar o café con Lara.

Lara foi a miña compañeira, sempre estiven con ela e foi a que me ensinou a facer as cousas e atender aos clientes.

Estiven encantada con Lara porque é moi boa e simpática.

Por desgraza estas prácticas remataron, pero vou gardar un moi bo recordo delas.

Foi unha boísima experiencia.