As túas compras poden ser solidarias! Colabora con Down Galicia durante o Black Friday e o Nadal

Sabías que podes colaborar con Down Galicia mentres compras por Internet sen que che custe nin un céntimo máis?

Aproveita este Black Friday ou as túas compras de Nadal e apoia de forma rápida e sinxela os programas que a Federación leva a cabo nas súas sete entidades membro!

 Como é posible?

Wapsi.org e Helpfreely.org son dúas plataformas mediante as que poderás destinar unha porcentaxe das túas compras online á ONG que ti elixas entre as que se atopan dadas de alta nos seus servizos.

O funcionamento é moi sinxelo. Estas dúas plataformas teñen acordos asinados con moitas empresas, que son as que destinan parte das compras ás ONG que o comprador escolla. É dicir, ti compras ó prezo de sempre na túa tenda habitual, Wapsi.org ou Helpfreely.org reciben da tenda en cuestión unha porcentaxe da túa venda e destínana á ONG que ti escollas.

Poñamos un exemplo: teño pensado mercar un xoguete para regalar este Nadal. Como fago?

  1. Entro en Wapsi.org ou en Helpfreely.org
  2. Busco a tenda na que quero comprar e comprobo se está entre as empresas coas que estas plataformas teñen acordo.
  3. Escollo a tenda (El Corte Inglés, ToysRUs,…)
  4. Selecciono a ONG á que quero que vaia destinada parte da miña compra (Down Galicia).
  5. E a propia plataforma xa me redirecciona á páxina da tenda escollida.
  6. Unha vez alí, fago a miña compra de xeito normal.

Non hai que pagar máis. Son as empresas as que doan parte do seu beneficio para cumprir coas súas políticas de Responsabilidade Social Corporativa.

Invitámosvos a comprobar a multitude de empresas adheridas a estas plataformas.

Por darvos algúns exemplos: Booking, Vueling, Iberia, AliExpress, Zooplus, Rentalcars, Rumbo, eDreams, El Corte Inglés, La Casa del Libro, Fnac, Converse, Ray-Ban, Sarenza, etc.

E así ata máis de 300 tendas online de alimentación, mascotas, bebés, hoteis, electrónica, automóbil, deportes, fotografía, xoguetes, etc.

E para que vos sexa máis doado aportar coas vosas compras, as dúas plataformas contan con apps para instalar nos navegadores de Internet e que vos avisarán no caso de que esteades nunha tenda online mediante a que poderedes colaborar con Down Galicia. Funcionan nos navegadores Chrome e Mozilla e poderedes instalalos a través dos seguintes enlaces:

Helpfreely Mozilla                    Wapsi Mozilla

Helpfreely Chrome                  Wapsi Chrome

Animádevos a probar e compartide esta información cos vosos amigos e amigas.

Entre todos podemos colaborar con Down Galicia sen que nos custe nada!

Grazas!