Así son eu por María Varela

Chámome María e estou na Asociación Down Lugo dende o ano 1996.

Gustaríame contarvos como son e algunhas das cousas que me gustan.

Considérome unha persoa agradecida, cariñosa, intelixente, romántica, sensible, xenerosa, tímida, alegre, nerviosa, ordenada, guapa, simpática e boa compañeira.

Gústanme as flores rosas sen bechos e os doces.

Gústanme os traballos manuais e as saídas de ocio da Asociación. Tamén me gusta moito facer os menús das estancias do piso.

Gústame estar con xente que son amigos. Gústame estar cos compañeiros e estar xuntos nas saídas. Aínda que tamén me gustan estar soa na miña habitación facendo as miñas cousas.

Gústame moito rir e compartir cos demais.

Gústame escoitar música, bailar, cantar, ver a televisión e o ordenador.

Gústame pintar en contos de debuxos con moitas cores.

A miña estación favorita do ano é o verán e me encantan as vacacións súper largas de Nadal.