O pasado martes 28 de marzo tivemos a oportunidade de participar nunha actividade de Zumba no ximnasio BeOne de Lugo.
A raíz da súa colaboración nunha das nosas actividades de Formación para a Vida Adulta, os responsables do ximnasio ofrecéronnos a posibilidade de participar nunha das súas actividades. E así foi como xurdiu esta experiencia que nos achega á comunidade e ao deporte, e na que 13 persoas integrantes da nosa Asociación desfrutaron e bailaron ao máximo.
Grazas ao ximnasio BeOne por esta oportunidade e grazas a Yesi, a profesora de zumba, pola súa divertida e movida clase.
Saímos aquí