Durante os pasados meses de febreiro, marzo e abril Down Lugo e a Asociación Sénior de Telefónica (ASTELU) desfrutamos dunha actividade de baile latino.
Cada quince días un grupo de integrantes da Asociación e un grupo de voluntarios e voluntarias de ASTELU participaron en varias sesións impartidas por Nachi, unha das voluntarias, de merengue, bachata, salsa…
Nas sesións de baile, os 25 bailaríns e bailarinas, que se desprazaban ata unha sala do ximnasio ABfitness, aprenderon pasos básicos, deixáronse levar pola música e compartiron momentos de risas e actividade física.
Gracias ao ximnasio Abfitness por permitirnos empregar as súas instalacións e moitas grazas a ASTELU por compartir con nós actividades tan divertidas e saudables.