982 240 921

Home Novas Bos resultados nas probas de Competencias Clave 2022

Bos resultados nas probas de Competencias Clave 2022

Un ano máis persoas usuarias de Down Lugo, con síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais, participaron nas probas de competencias clave  celebradas o pasado 25 de xuño en Silleda, na súa 16ª edición.

Este ano presentáronse aos exames de competencias clave, de nivel 2, catro persoas: Eduardo, Javier, Paula e Sergio.

Para unha das persoas participantes nestas probas era a primeira vez que as preparaba e se presentaba. As tres restantes xa se presentaran en outras convocatorias, tendo superadas varias das catro competencias ás que se poden presentar.

Destacar que todas elas se esforzaron moito durante todo o curso na preparación das probas e se presentaron aos exames coa ilusión de conseguir superalos. Unhas saíron do exame convencidas de que ían aprobar e outras dubidaban de como o fixeran.

Finalmente aprobaron tres delas. Parabéns!