Cata de Viño Solidaria de Mediolanum

Hoxe xoves 20 de abril levarase a cabo unha Cata de Viño Solidaria a favor de Down Lugo. Está organizada por Banco Mediolanum dentro do seu proxecto Mediolanum Aproxima, unha iniciativa que pretende apoiar ás ONG a través da implicación directa da súa clientela en proxectos solidarios que inciden directamente sobre a súa contorna máis próxima.

A recadación de fondos irá destinada aos programas de Inclusión Educativa da Asociación que se dirixen as nosas persoas usuarias máis novas.

Esta cata realizarase no local En Vinissi, na rúa do Miño nº26 de Lugo a partir das 20:30 horas e nela participarán un pequeno grupo de persoas invitadas pola entidade bancaria, así como representantes de Down Lugo e Banco Mediolanum.

Ademáis, co gallo deste evento, Mediolanum creou un reto de recadación de fondos na plataforma da Fundación Micrograno de Arena no que calquera persoa pode facer aportacións ata finais de abril.

Para facer unha aportación pincha aquí.