O próximo 21 de marzo conmemoramos o Día Mundial da Síndrome de Down na Praza Maior de Lugo.
Ás 12 da mañá o grupo de teatro Down Lugo representará unha pequena parte da súa obra 21/3. A continuación, varias persoas usuarias da Asociación lerán o Manifesto da Promoción da Autonomía Persoal.
Ademais, poderemos visualizar unha pequena exposición de fotografías sobre Emprego con Apoio.
Únete a nosa celebración!