Celebración Día Mundial da Síndrome de Down en Lugo

O próximo 21 de marzo conmemoramos o Día Mundial da Síndrome de Down con varias actividades.

Pola mañá instalaremos un stand informativo e unha exposición sobre o noso programa de Emprego con Apoio na Praza Maior. Alí, ás 12 horas, varias persoas usuarias da entidade lerán o manifesto.

Pola tarde realizaremos unha andaina reivindicativa que empezaremos ás 18 horas na Praza de Santo Domingo e continuaremos por varias zonas do centro da cidade ata acabar diante do Concello de Lugo coa lectura do manifesto.

Únete a nosa celebración!